Unidade de Psicoloxía Forense
Creada pola Xunta da Facultade de Psicoloxía o 15 de Maio de 2002
A Unidade de Psicoloxía Forense da Universidade de Santiago de Compostelafoi creada pola Xunta de Facultade de Psicoloxía o 15 de Maio de 2002, no marco do acordo da Xunta de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela, do 28 de Febreiro de 2002. A Unidade de Psicoloxía Forense está integrada no Servizo de Psicoloxía da USC, o cal ten como finalidade “promover a formación, a investigación e a transferencia de coñecemento nos ámbitos aplicados da Psicoloxía, ofrecendo no seu caso á comunidade universitaria e á sociedade unha atención especializada de calidade” (art.1. do Regulamento do Servizo de Psicoloxía)